INDICE
![]() Os compoñentes de Desperta Ferro; Novembro do 2007
INTRODUCIONOs Almogàvers eran guerreiros medievais cataláns que foron temidos e recoñecidos pola súa eficacia na loita. Antes de entrar en combate batían o ferro das súas armas contra as pedras e berraban "Desperta Ferro", facendo saltar faíscas. A mesma coraxe e a mesma forza quere transmitir Desperta Ferro, un proxecto político-musical nacido no ano 1999, cando un grupo de amigos de Sabadell (Barcelona) decide formar un grupo de música para reivindicar a independencia e a unidade dos Països Catalans, a revolución socialista e o antifascismo. ![]() As rúas de Barcelona durante "La Diada" coas rúas cheas de "estelades"
A nosa nación, os Països Catalans, están oprimidos, no norte, por Franza dende o ano 1659 co Tratado dos Pirineos; e o resto do país, dende o ano 1714 atopase baixo dominación española. Mais despois de case 300 anos de ocupación militar e 40 anos de dictadura franquista, a nosa língua, a nosa cultura, os nosos costumes, é decir, a nosa identidade, segue viva grazas á loita que leva a cabo o noso pobo e da cal nosoutros nos sentimos parte. ![]() O "Fossar de les Moreres" integra os elementos conmemorativos aos cataláns caídos durante o asedio de Barcelona de 1714
DISCOGRAFÍAAta agora temos editados dous discos:
DEMPEUS I ALERTA!![]() Portada do disco Dempeus i Alerta!
O primeiro foi "Dempeus i Alerta!" (2003 - autoxestionado) que é unha recopilación de temas de diversos estilos musicais que nos serviu para presentar o grupo e que recolle os traballos feitos durante os primeiros anos de existencia (podese descargar gratuitamente dende aquí). SEGUEU ARRAN![]() Portada do disco Segueu Arran
O segundo disco "Segueu Arran" (2006, RedStar 73 & Mai Morirem), sitúa ao grupo máis definido dentro da música Oi! mellora en calidade musical e expresa claramente o noso ideal político: Independencia e Socialismo! VIVA A LOITA ANTIFASCISTA! Podes ver as letras de Segueu Arran en Castelán aquí.
ENLACESMáis información en:MySpace: www.myspace.com/despertaferro YouTube: www.youtube.com/despertaferrooippcc
|